Súmate á pedalada deste domingo en Pontevedra!

231

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Transportes, arranca o programa Pontenbici coa tradicional pedalada polas rúas da cidade que será este domingo. Nesta ocasión a pedalada servirá para facer unha homenaxe a Manuel Mesías, ciclista falecido na autovía de Marín o pasado ano.

A concentración será na praza de España ás 11.00 horas, e a saída será ás 11.30 horas. Discurrirá por distintas rúas da cidade até chegar á avenida de Marín onde está previsto que concluía ás 12.30 horas. Neste punto confluirán distintos clubes ciclistas da provincia que están convidados a participar nesta pedalada, así como a familia do último falecido na autovía de Marín.

O final da pedalada servirá para facer unha dobre petición: unha conexión peonil e ciclista entre Pontevedra e Marín, que apoia dende hai anos o Concello de Pontevedra; e tamén reivindicar que non se prohiba o tráfico ciclista e peonil pola autovía tal e como recolle nun informe interno a Dirección Xeral de Tráfico. Máis ben a proposta de Masa Crítica, que organiza xunto ao Concello esta pedalada, é que se reduza a velocidade na autovía pasando de 80 kilómetros hora a 50 quilómeros hora, e que no futuro exista unha vía segura para peóns e ciclista nesta autovía.