Primeira Liga de petanca Concello de Pontevedra

239

O Concello de Pontevedra e seis asociacións de petanca organizan dende o sábado a primeira Liga de petanca Concello de Pontevedra nos campos de Campolongo, Monte Porreiro e no recén inaugurado campo cuberto dos Campos. As asociacións que participarán nesta liga son: O Pote de Mourente, o Mirador de Monte Porreiro, O Carballo de Mourente, o centro social da Alameda e a Asociación de Santo André de Xeve.

Participarán un grupo de doce persoas para cada un dos equipos e disputarán unha liga de dúas voltas, que tivo como prolegómenos unha liga celebrada o pasado ano pero que tivo soamente unha xornada.

Segundo o concelleiro Miguel Filgueira, un dos promotores da liga, dende o Concello estase  moi satisfeito con esta liga porque supón unha modalidade deportiva na que pode xogar calquera persoa, dende os máis pequenos até os máis maiores, e non entende de sexos. E tamén porque fomenta os vínculos de unión entre os residentes de barrios e parroquias.

Liga de Petanca