A Pontevedrada sairá o día 25 cara Compostela no seu quinto ano de vida

159

A Asociación de Amigos da Ponteveddrada -Asampo- presentou esta mañá a súa quinta marcha que se celebrará o vindeiro 25 de abril a partir das 20 horas. Segundo lle explicaron ao alcalde os organizadores, esta marcha partirá da praza da Ferraría e rematará na praza do Obradoiro e ten por obxecto concienciar da importancia da donación altruísta de sangue, órganos e texidos.

Na actualidade conta con máis de 570 inscritos procedentes de toda Galiza, Cantabria, Madrid, Barcelona, León, Mallorca, Francia e Suíza. E aínda se poden enviar mails de inscrición a pontevedrada@gmail.com ou inscribirse nos teléfonos 619 56 63 03 ou no 639 61 53 36.