O Concello executa a separativa de pluviais e fecais en Augusto García Sánchez

73

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe unha nova obra do Plan de investimentos da empresa concesionaria do suministro de auga e saneamento da cidade, Viaqua. Trátase unha obra na rúa Augusto García Sánchez, no seu primeiro tramo, entre a Audiencia Provincial e a Praza de Galicia, para completar a rede separativa de augas pluviais e fecais.

O investimento é de 17.480,57 euros.

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou esta mañá a adxudicación á empresa Partenon o vestiario da Policía Local durante os vindeiros catro anos. O orzamento é de 246.506,29 euros.

As anualidades deste gasto é a seguinte:

  • 2015: 63.078 €
  • 2016: 65.227 €
  • 2017: 72.883 €
  • 2018 : 59.989 €