O Concello saca a poxa un cabalo recollido na estrada de Vilagarcía

135

A Concellaría de Sanidade Animal organiza este xoves, 15 de abril unha poxa pública de unha res mostrenca capturada a primeiros de mes na estrada de Vilagarcía. O cabalo que se atopa baixo custodia municipal, non dispón do correspondente chip polo que non puido devolverse ao seu dono.

Trátase dun cabalo duns cinco anos, que se subastará a partir das 12.30 horas na sala de reunións do edificio municipal administrativo da rúa Churruchaos, 2. O prezo de saída será de 40 euros.

Este prezo de saída deberá ser depositado na Tesourería Municipal polos poxadores, en concepto de fianza. De quedar deserta a poxa, o Concello fará entrega destes animais á Xunta de Galicia en virtude do artigo 28 do decreto 142/2012 sobre as normas de idenficación e ordenación zoosanitaria dos equinos en Galiza.