O ciclo de teatro ‘Summum’ achegará ao Pazo da Cultura 4 espectáculos de recoñocido prestixio a través do programa estatal Platea

204

A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro presentaba esta mañá “Summum”. O ciclo de teatro inserido dentro do programa PLATEA (Programa Estatal de Artes Escénicas) ao que o Concello de Pontevedra se adheriu o pasado ano e polo que se achegarán ao Pazo da Cultura catro compañías de recoñecido prestixio.

“Este traballoso proxecto, que supuxo un esforzo da xerencia do Pazo, permite e fomenta a contratación de compañías locais a nivel estatal o que fai posible que outras comunidades contraten espectáculos da nosa terra e se lles dea visibilidade”, comentaba.

“The GAG FATHER” de Yllana, “En el estanque dorado” con Lola Herrera e Héctor Alterio, “Cancún” de Jordi Galcerán, con María Barranco e Vicente Romero e “Continuidad de los parques” de Jaime Pujol  con Roberto Álvarez, Fele Martínez, Luis Zahera, etc. son os espectáculos escollidos que terán lugar no Pazo da Cultura ao longo dos meses de maio e xuño.

As entradas estarán á venda dende esta mesma mañá a través de Ataquilla.com con prezos que oscilan entre os 12 e os 20€ dependendo do espectáculo pero tentando sempre por parte da organización, de que sexan prezos asequibles tendo en conta a calidade das obras.

THE GAG FATHER (Yllana) – Sábado 2 de maio ás 21h.

Logo do éxito acadado durante do Salón do Libro co seu espectáculo “Star Trip” a compañía que non precisa palabras para provocar gargalladas ente o público, estará de volta na nosa cidade cunha nova proposta: “The gag father”.

Unha banda de despiadados GaGsters aterroriza a ciudade. Tras eles, un grupo de disparatados policías tentan pararles os pés, coste o que coste con todas as imprevistas consecuencias.

Con esta premisa comeza o novo espectáculo de Yllana, unha homenaxe ao “cine negro”, cheo de delirantes situacións de humor negro, inventiva teatral e o código xestual marca da compañía. Unha divertidísima viaxe aos baixos fondos e aos máis baixos instintos, no exenta de crítica e reflexión sobre o ben e o mal na que gozaremos do reparto formado por Fidel Fernández, Luis Cao, Juanfran Dorado e Jony Elías

Entradas á venda en Ataquilla.com e, no caso de non esgotarse na venda anticipada, dúas horas antes na billeteira do Pazo o propio día do espectáculo. Prezo: 12€ + gastos de tramitación.

“EN EL ESTANQUE DORADO” – Xoves 7 de maio as 21h.

A idade. O medo. O amor. A soidade. A risa. A loita pola vida dentro dunha familia. Unha illa de esperanza fronte ao perigo de extición: da natureza, da familia, da parella, da vida. Unha valiosa reflexión sobre o complicado que é conseguir relacións positivas. A calquera idade. En calquera momento. O goce é posible pese ao implacable acoso do tempo.

Entre o reparto Camilo Rodríguez, Luz Valdenebro e Adrián Lamana, e como personaxes principais, Lola Herrera no papel de Étel e de Héctor Alterio como Norman.

Entradas á venda en Ataquilla.com e, no caso de non esgotarse na venda anticipada, dúas horas antes na billeteira do Pazo o propio día do espectáculo. Prezo: 20€ + gastos de tramitación.

“CANCÚN”- Sábado 30 de maio ás 21h.

Con texto de Jordi Galcerán, autor entre outras da peza da que gozamos recentemente “O crédito” e baixo a dirección de Gabriel Olivares, asistiremos a esta comedia áxil e divertida sobre o que cada vida podería ter sido.

Cancún conta a historia de dous matrimonios amigos dende hai más de 20 anos que deciden marchar xuntos de vacacións. Unha noite logo dunhas copas de máis, Reme revela o incidente que provocou a elección das parellas. A partir deste momento, afloran unha serie de segredos.

Cando chegas aos 50, cunha vida organizada e logo de compartir 20 ou 30 anos coa mesma persoa, plantéxaste que tería ocorrido se escolleras outra.

Cambiarías ao teu marido polo da túa mellor amiga? Se poideras cambiar, cambiarias ¿o marido? ¿A muller? ¿A amiga?

Se non che gusta a túa vida… ¡Dalle vacacións e ven a Cancún!

No reparto María Barranco, gañadora de 2 premios Goya e cunha extensa traxectoria na gran pantalla e na TV que se nota sobre o escenario, Vicente Romero (Hospital Central, Policías, El comisario e a recén rematada mini serie ‘Bajo Sospecha), Francesc Albiol e Carmen Gutierrez.

Entradas á venda en Ataquilla.com e, no caso de non esgotarse na venda anticipada, dúas horas antes na billeteira do Pazo o propio día do espectáculo. Prezo: 16€ + gastos de tramitación.

CONTINUIDAD DE LOS PARQUES – Sábado 6 de xuño ás 21h.

En “Continuidad de los parques”, Roberto Álvarez, Fele Martínez, Gorka Otxoa e Luis Zahera interpretan a máis de 20 personaxes que se cruzan, chocan, e son protagonistas de encontros e desencontros nun parque. A obra disecciona, a través do humor, o dilema entre “a túa” verdade, “a miña” verdade e “a” verdade, e é o espectador o que finalmente elixe a súa propia aventura.

Reparto: Roberto Álvarez, Fele Martínez, Gorka Otxoa e Luis Zahera.

Venda anticipa de entradas en Ataquilla.com e, no caso de non esgotarse, o propio día do espectáculo dúas horas antes na billeteira do Auditorio do Pazo da Cultura. Prezo 14€ + gastos de tramitación.