Ábrese a inscrición do chipeado de cans na campaña Yes, we can

119

A Concellaría de Sanidade Animal inscribe dende hoxe a todas as persoas interesadas en participar na Campaña de chipeado de cans, enmarcada dentro do programa Yes, we can.

Nesta campaña, na que colaboran dúas clínicas veterinarias da cidade e a veterinaria do Refuxio “Os Palleiros”, o chipeado dos cans terá unha tarifa de 25 euros, pero para beneficiarse desta “promoción” será preciso inscribirse previamente chamando ao teléfono do Concello 986 80 43 00 extensión: 7583.

O prazo de inscrición estará aberto durante un mes, polo que se pechará o vindeiro 15 de maio, e a partir de aí comezará o chipeado dos cans inscritos nesta campaña.