Comeza o Campionato de Tute e Brisca entre mulleres nas parroquias e nos barrios

122

A Concellaría de Muller repite por segundo ano consecutivo o Campionato de Cartas (Tute e Brisca) que tan exitoso resultou na pasada primavera en parroquias e barrios da cidade. Nesta ocasión participarán 7 parroquias e máis de 60 mulleres en total.

O campionato comeza este mesmo sábado, 18 de abril na parroquia no local social da parroquia Cerponzóns. O cronograma é o seguinte:

  • Abril
    • Sábado, 18. De 17.00 a 20.00 horas. Fase interparroquial en Cerponzóns.
  • Maio
    • Sábado, 9 de abril. De 17.00 a 20.00 horas. Fase interparroquial en Monte Porreiro.
    • Sábado, 16. De 17.00 a 20.00 horas. Fase interparroquial na Parda.
    • Sábado, 23. De 17.00 a 20.00 horas. Fase eliminatoria. Fase interparroquial en Salcedo.
    • Sábado, 30. De 17.00 a 20.00 horas. Fase eliminatoria. Fase interparroquial en Xeve.
  • Xuño
    • Sábado, 6. Eliminatoria
    • Sábado, 20. Semifinal e Final no Casino Mercantil.