O Concello pon a disposición de Augas de Galicia toda a rede de saneamento para que elabore o Plan de saneamento local

28

O Concello de Pontevedra presentou o pasado 10 de abril un escrito ante Augas de Galicia na que lle autorizaba a acceder a todas as instalacións de saneamento do Concello de Pontevedra para elaborar o Plan de saneamento local. Así o confirmo o concelleiro Raimundo González quen aclaro que o que a Xunta pretende non é sanear a ría , senón elaborar un estudo da rede de sumidoiros que verte á depuradora de Praceres, porque para sanear á ría tamén habería que convocar aos concellos de Bueu, Sanxenxo e Cangas -pola ría de Aldán-, que nunca estiveron presentes nos dous encontros celebrados até o de agora.

Raimundo González indicou que unha das desculpas que ponía Augas de Galicia para demorar o traballo, era que os Concellos deberían asinar o protocolo enviado pola entidade para poder acceder ás redes de sumidoiros. “Nós nos comprometidos a que o Concello de Pontevedra asinaría unha autorización para que Augas de Galicia poida acceder a toda da rede de saneamento de Pontevedra. E así se fixo ao día seguinte, e enviouse á Xunta o pasado día 10 de abril”, sen ter que esperar a asinar o protoloco de colaboración que leverá varios meses de estudo dado que ten que ser informado por distintos servizos municipais.

Nesta autorización se lle permite o acceso a todas as instalacións do sistema de saneamento; se lle facilita toda a documentación e información que Augas de Galicia lle solicite; se lle facilita toda a  información da rede de saneamento existente; e se lle facilita a planificación e previsión de inversión en materia de saneamento.

Con esta autorización, Augas de Galicia pode proceder a iniciar o seu estudo no Concello de Pontevedra cando queira.

Oficio Augas de Galicia polo saneamento da ría