A V Aña Urbana, este sábado 25 diante do Concello

117

A quinta Aña Urbana encheu hoxe de música e animación a sala de prensa do Concello, na que os compoñentes da Asociación Cultural Trepia acompañaron á concelleira Carme da Silva a presentar este evento de música tradicional que terá lugar este sábado, 25 de abril.

Haberá un preludio da Aña ás 7 da tarde do mércores, 22 de abril, cunha conferencia sobre esta tradición labrega tan relacionada cos labores comunais do campo, ofrecida por Davide Salvado. O día grande celebraráse na praza do Concello.

Desde as 11 horas abrirán os postos do mercado de artesanía e oficios tradicionais. Ás 12,30 haberá un roteiro polas prazas do centro histórico cos tradicionais instrumentos de labor a xeito de percusión. Ás 14 horas está programado un xantar popular, até as 17, que se inician os obradoiros, un de toque e outro de baile. Ás 7 comezan as actuacións dos grupos participantes, e ás 21,30 o chamado Serán da Aña urbana, que consiste en música e baile ate a madrugada.