“En el estanque dorado” reprogramado para o 19 de novembro por mor dun accidente doméstico sufrido polo actor Héctor Alterio

172

Pentación Espectáculos, empresa distribuidora do espectáculo “En el estanque dorado” comunicaba no dia de hoxe a imposibilidade de cumprir co seu compromiso o vindeiro 7 de maio. Un accidente doméstico do coprotagonista, Héctor Alterio, é a causa do aprazamento da representación que terá lugar finalmente o 19 de novembro.

Tal e como figura no parte médico que achegamos, unha fractura de clavícula que require reposo absoluto, manterá ao actor afastado dos escenarios ente 6 e 8 semanas, coincidindo a súa recuperación co período estival.

O Pazo da Cultura, que decidiu reprogramar a súa representación para o vindeiro outono, sente as molestias ocasionadas por mor deste accidente fortuito e desexa a pronta recuperación do actor.

O servizo de venda de entradas Ataquilla.com ofrecerá o reembolso das entradas ou o cambio para a nova data, o xoves 19 de novembro.

A venda de entradas permanecerá suspendida ata setembro, momento no que será reactivada.

“The Gagfather”

O ciclo Summum Teatro, ao que pertence o espectáculo reprogramado, botará a andar o próximo sábado 2 de maio co espectáculo “The Gagfather” de Yllana, unha compañía que conta cun público fiel en Pontevedra e encheu o Auditioro durante o pasado Salón do Libro para asistir a “Star Trip”.

Este novo espectáculo é unha homenaxe ao “cine negro”. Unha divertidísima viaxe aos baixos fondos e aos máis baixos instintos, no exenta de crítica.

Para asisti poden mercar entradas en Ataquilla.com a un prezo de 12€+ gastos de xestión ou probar sorte no SORTEO habilitado no Facebook do Pazo.