A Banda de Salcedo presenta a súa nova directiva ao alcalde

65

O alcalde recibiu esta tarde a visita da nova xunta directiva da Banda de Música de Salcedo, encabezada polo seu novo presidente, Manuel Gálvez, a quen acompañaba o directivo Víctor Cortizo, así como o novo director da formación Marcel Van Bree, un holandés que se fará cargo xa deste primeiro concerto do sábado 24 no Teatro Principal. No encontro participou tamén a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro.

            Ademáis da presentación protocolaria, revisaron algúns dos asuntos que unen á Banda co Concello, como o relativo ás avanzadas obras de construción do centro cultural desa parroquia, que servirán de lugar de ensaio e actuación da formación. Tamén os acordos que permiten implicar á formación musical na vida cultural da cidade e das parroquias, ofrecendo numerosos concertos, en combinación coas tempadas programadas pola Banda de Música de Pontevedra e tamén a un alto nivel.