A Concellaría de Benestar Social pon en marcha o proxecto Miradas de Hedra

158

Este sábado 25 de abril comeza a súa andaina Miradas de Hedra, unha iniciativa, promovida por Casazul (dependente da Concellería de Benestar do Concello de Pontevedra), e dinamizada por Portal 48, que pretende dar visibilidade ás asociacións que teñen a súa sede na Casazul, a través da expresión plástica, a creatividade e a mostra da súa potencialidade no ámbito da arte social.

Nesta súa primeira edición, Miradas de Hedra, desenvolverase en tres sesións:

  • Sábado 25 de abril de 10:00 a 12:30h na Praza da Ferrería (ou soportais se a metereoloxía non o permite)
  • Sábado 9 de maio de 10:00 a 12:30 horas na Casazul
  • Sábado 16 de maio de 10:00 a 12:30 horas  na Casazul

Este primeiro sábado 25 de abril desenvolverase a sesión cun almorzo de convivencia, no que os representantes de cada asociación serán os encargados de decidir a forma de expresión plástica coa que darán visibilidade á organización que representan, forma que na derradeira sesión se presentará á cidade, formando parte dunha exposición permanente que vestirá ás paredes da  Casazul.

O sábado 16 de maio os resultados da iniciativa deixarase coñecer na presentación da exposición MIRADAS DE HEDRA, que se celebrará ás 19:00h na Casazul.