Alcólicos anónimos organiza este venres unha xornada de portas abertas na Casazul

117

O Grupo Peregrino, pertencente á Comunidade de Alcólicos anónimos e que forma parte do programa Hedra da Casazul, ten organizada unha xornada de portas abertas este o vindeiro 24 de abril ás 20 horas na Sala Valdecorvos da Casazul (Área 4).

Nesta xornada preténdese dar a coñecer o funcionamento do programa, compartir experiencias de recuperación e coñecer as testemuñas dos seus membros. Tamén participarán familiares mediante o seu grupo “AL-ANON” que amosarán as voces das persoas que conviven con esta enfermidade.

Están invitados/as a participar as persoas que  podan estar sufrindo,  que queiran iniciar a súa recuperación ou  profesionais e familiares interesados/as en cómo facer fronte a esta situación.