O Concello inicia en maio un Plan de control de gaivotas e pombas

159

A Concellaría de Sanidade Animal por en marcha por segundo ano consecutivo un Plan de control de aves na cidade, en concreto, de gaivotas e pombas. É unha campaña que se porá en marcha no mes de maio, e que comezará a vindeira semana cun buzoneo das zonas onde ten máis incidencia esta problemática: o centro histórico e o ensanche.

Ao respecto das gaivotas, a empresa especializada que se contratará para facer os traballos, está encargada de retirar os ovos dos niños e tamén de retirar os niños até en dúas ocasións ao longo do verán.

Na pasada campaña retiraron máis de 120 polos e actuaron en máis de 60 niños, especialmente na zona vella. Neste ano espérase duplicar esta actuación porque ao empezar antes a campaña hai posibilidades de abarcar un ámbito maior, ademais de facer unha dobre pasada polos tellados dos edificios.

Sobre as pombas, o xeito de proceder será colocando xaulas nas prazas da Ferraría e de España, onde máis se detectou esta problemática. Na actualidade está feito un censo previo que demostra que na praza da Ferraría habería máis de 400 pombas.

Estas aves levaránse ao centro de recuperación zoolóxica que a empresa ten na Coruña, e aquelas que son susceptibles de incorporarse a outros hábitats volverán soltarse. As que estean enfermas, sacrificaránse.

As dúas campañas son supervisadas pola Xunta de Galicia e o Concello executa as ordes que lle transmite a Consellería de Medio Ambiente tanto nos métodos de control das gaivotas como o das pombas.

As persoas que detecten problemas coas gaivotas poden chamar ao teléfono: 654 831 848. Larus control.