Comezan diversas melloras en rúas do ámbito urbano

193

O Concello de Pontevedra iniciará nos vindeiros días diversas melloras no ámbito urbano, que se veñen a sumar as recentemente anunciadas polo concelleiro de Obras Urbanas, Luís Bará, e que se iniciarán a vindeira semana.

Estacionamentos

Está previsto que para a vindeira semana comecen as melloras no estacionamento nas parcelas do mercado provisional, así como o acondicionamento da parcela próxima ao instituto Torrente Ballester, que tamén se transformación en estacionamento en superficie para o barrio sur da cidade.

Rúa Peregrina

As obras da rúa Peregrina avanzan a moi bo ritmo, de feito poderán estar rematadas ao longo da semana que vén. Hoxe estábanse a instalar os alcorques de pedra que teñen un efecto visual moi atractivo co enlousado colocado. Agora o tránsito peonil poderá ser máis fluido pola zona.

Luís Bará anunciou esta mañá que aproveitando a execución destas obras na rúa Peregrina tamén se mellorarán os xardíns de Daniel de la Sota, que precisan “unha posta ao día”.

Sinalización viaria

Ademais, en canto o tempo o permita, comezarán traballos de mellora da sinalización viaria co pintado de pasos de peóns e sinalización horizontal en 30 rúas da cidade seguindo o cinturón urbano: beiramar, a zona leste, a avenida da Estación, Fernández Ladreda, Manuel del Palacio e volvendo á beiramar. O custe desta actuación que executará a empresa API é 58.478,40 euros.

Pavimentacións

Tamén está previsto realizar pavimentacións parciais nas rúas:

  • Peregrina
  • Conde Bugallal
  • Domingo Fontán
  • Sagasta
  • Joaquín Costa
  • Filgueira Valverde
  • Xoán Carlos I
  • Portugal
  • A subida aos Areás

O orzamento desta actuación que realizará a empresa Covsa é de 60.250,86 euros.