O Concello contratará a 20 perceptores de Risga durante sete meses

125

O Concello de Pontevedra está a tramitar a contratación de 20 persoas perceptoras da Renta de Integración Social de Galicia (Risga) durante sete meses para distintos servizos municipais: xardíns, cemiterios e obras.

            A Concellaría de Benestar Social Municipal acolleuse ao programa marco da Xunta de Galicia que ten por obxectivo aliviar a situación dos perceptores de Risga nos concellos. A Xunta puxo en marcha este programa o pasado ano unha vez que foi denunciada polo Concello de Pontevedra a demora na tramitación dos expedientes que estaban a sufrir os perceptores de Risga.

            O Concello de Pontevedra contratará a 20 persoas perceptores de Risga que estarán a traballar nas dependencias municipais nun prazo de tres semanas. A Concellaría de Benestar Social Municipal está á espera de que o Inem lle facilite a listaxe de perceptores para facer unhas pequenas probas e coñecer os carnés e permisos de distinto tipo do que poidan dispoñer, para facer a selección final dos escollidos.

            Estes novos colaboradores municipais traballarán un 75% da xornada laboral, durante sete meses, e terán unha remuneración aproximada aos 900 euros.

 

Bo día, Gabinete de Comunicación