Pontevedra celebra este domingo o Día internacional da Danza con Ponte en Danza

318

Pontevedra celebra este domingo o Día internacional da Danza coa programación Ponte en danza na que participarán compañías e profesores de todas partes de Galiza. En colaboración coa Concellaría de Cultura, Ponte en Danza quere anegar Pontevedra de danza creando un movemento que chegue a toda a cidade.

Faranse distintos obradoiros ao longo da mañá e da tarde na avenida de Montero Ríos e na praza da Ferraría.

En Montero Ríos a programación será a seguinte:

  • 11-12.15 Danza moderna infantil
  • 12.30-13.45. Obradoiro de Hip-Hop

Na Ferraría:

  • 11-12.30 horas. Ballet Clásico
  • 12.40-14.15 horas. Contemporáneo.
  • 21 horas. Zumba.

Pola tarde haberá actuacións nos dous escenarios anteriores:

De 17 a 19 na avenida de Montero Ríos

19-21.30 horas na praza da Ferraría

 

No caso de chuvia:

Os obradoiros de Ballet e Danza contemporánea faranse na Escola de Danza Fitanovas

Os obradoiros de Moderno e Hip-Hop no Centro Cultural de Monte Porreiro

A mostra de danza e o obradoiro de Zumba será no Pazo da Cultura.