Aberto o prazo para escoller ata o 4 de maio no Facebook do Pazo a imaxe gañadora do Premio do Público do Maratón Fotogáfico do pasado 21 de marzo

35

Esta mañá e ata o luns 4 de maio ás 12:00 horas, os/as usuarios/as da rede social Facebook, poden participar activamente como xurado do Premio do Público do Maratón Fotográfico ‘ Imaxes de primavera’. O proceso é tan sinxelo como darlle a Me gusta a calquera das fotografias publicadas no álbum Premio do Público no Facebook do Pazo da Cultura, resultando gañadora a que maior número obteña.

O evento, organizado polo Concello a través de Elefantes de Cacharrería e Tíl Diacrítico o pasado 21 de marzo, tiña a principal finalidade de poñer en valor o patrimonio natural e cultural da nosa cidade: A Illa do Covo, o Pazo da Cultura e o Rio Lérez e a súa contorna.

As imaxes, unha por categoria e participante, non podían estar sometidas a ningún tipo de retoque fotográfico e serán protagonistas dunha exposición instalada nunha rúa ou paza da nosa cidade cara mediados do mes de maio.

Do mesmo xeito e para recoñecer o traballo dos 31 participantes que aportaron un total de 93 fotografías están previstos 5 premios que se darán a coñecer o luns 4 ao remate da votación do Premio do Público. Son os seguintes:

  • Gañador/a Absoluto/a, á mellor foto seleccionada por un xurado profesional de entre as 93. (Noite no hotel Campañola con cea, almorzo e masaxe)
  • Premios por categorías, á mellor foto de cada categoría seleccionada polo xurado profesional. (Cea para 2 no Loaira e circuito Spa no Spabílate)
  • Premio do Público, á foto máis votada no Facebook do Pazo (1 circuito e masaxe no Spabílate)