O abecedario, unha nova colección de vocabulario infantil ilustrado

204

A Concellaría de Normalización Lingüística presentou hoxe O abecedario, o primeito tomo dunha colección de vocabulario infantil ilustrado por Óscar Vilán. A colección está creada e editada pola Mesa pola Normalización Lingüística para promover a lectura desde o galego e contrubuír a paliar a eiva de recursos didácticos para traballar a lectoescritura desde o galego nos primeiros anos de aprendizaxe.

            O material didáctico está coidadosamente editado e vai dixido especialmente ao profesorado de educación infantil (de 0 a 6 anos), ao profesorado e aos estudantes do grao de educación infantil e do ciclo formativo superior de educación infantil e tamén ás familias.

            A colección estará formada por 20 títulos temáticos: o tempo, as cores, o corpo, a roupa… Do ilustrador Óscar Villán é o primeiro número. O resto dos títulos da colección contarán coa colaboración de ilustradores e ilustradoras galegos: Marina Seoane,  Kiko da Silva,  Miguelanxo Prado, Jacobo Fernández, Carlos Silvar, David Pintor, Manel Cráneo ou Miguel Porto entre outros.

            Dentro da liña de traballo para promover o uso do galego na infancia, a Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración coa Mesa, realizará no mes de maio tres presentacións da colección, dirixidas ao profesorado de educación infantil dos CEIP e EEI do concello (de 3 a 6 anos), así como ao profesorado, monitores e monitoras do ensino infantil (de 0 a 3 anos) :

  • 5 de maio, ás 16.30 horas no CEIP Cabanas – Salcedo
  • 19 de maio, ás 16.30 horas no CEIP San Bieito – Lérez
  • 26 de maio, ás 18.30 horas na Casa das Campás