O CEIP Carballal de Marín, Premio do Público do Salón do Libro por segundo ano consecutivo ao sumar 226 votos no reconto dos 2160 recibidos

210

Unha vez realizado o reconto dos 2160 votos recibidos ao longo das 4 semanas que durou o XVI Salón do Libro “Da ciencia á ficción”, o Premio do Público por secundo ano consecutivo foi para o CEIP Carballal. O “Traballius” do centro de educación infantil e primaria de Marín, representaba a Illa de Tambo e os fondos mariños cargados de fantasía, inspirándose na obra de Julio Verne e achegando un libro de contos titulado “A illa dos experimentos”.

En segundo lugar, con 177 votos, o chamativo e orixinal traballo presentado póla Escola Infantil A Parda: un xilófono feito con botellas de vidro e líquidos de cores co nome de “O son da Parda”. Grazas a súa participación na actividade “Amasando contos” coñecemos como foi todo o proceso de elaboración cos nenos/as de 2-3 anos e a contada previa para explicarlles o que ían facer.

Empate para o terceiro posto para o CEIP Froebel de Pontevedra e o Cordo Boullosa de Ponte Caldelas, ambos con 120 votos. O primeiro presentou “Relatos de viaxes ao centro da terra”, un libro cun encuadrernado moi especial en volume con forma de volcán. O CEIP Manuel Cordo Boullosa, que xa o pasado ano quedara entre os finalistas, sorprendeu nesta ocasión con “O noso universo particular”: Un traballo con sorpresa no que o soporte exterior, con contos pendurados, agochaba unha preciosa galáxia chea de planetas e estrelas.

A pouca distancia do terceiro lugar quedaron o CEIP A Xunqueira 1 cos seus contos e o Santiago Apóstol de Soutomaior con 114 e 108 respectivamente.

O público visitante do Salón ao longo das 4 semanas de duración, non deixou, como era previsible, a ningún dos 40 traballos sen votos.

Todos e cada un, chegados non só da nosa cidade (Vilanova, Cangas, Vigo, Ponte Caldelas, Rianxo, etc) reflexaban as horas, o esforzo de profesores/as e nenos/as e sobre todo, o agarimo co que estaban feitos. Unha labor que agradecemos cada edición e sen a que o Salón do Libro non teria razón de ser.