O luns continúa o ciclo de cine Cyclocinema incluído dentro da programación de Pontenbici. A proxección desta semana será A bicicleta de Pekín. Será a partir das 20.00 horas na Casa das Campás. A entrada será de balde.
Ficha técnica:
- Título original:Shiqi sui de dan che (Beijing Bicycle)
- Ano: 2001
- País: China
- Director: Wang Xiaoshuai
- Guión: Wang Xiaoshuai
- Música:Wang Feng
- Fotografía: Liu Jie
- Reparto: Zhou Xun, Yuanyuan Gao, Li Shuang, Li Bin, Cui Lin, Hui Wei, Zhao Yiwei, Pang Yan, Zhou Fangfei, Li Mengnan, Chang Jiayin, Ji Hua
- Productora: Coproducción China-Taiwan-Francia
- Xénero:Drama | Drama social
Beijing Bicycle é a historia de dous mozos cun mesmo sono: unha bicicleta. Un quérea para ser aceptado entre os seus compañeiros; o outro, como ferramenta de traballo e independencia. Dous mundos diferentes que lles leva a un optimista e utópico acordo.
Vese a realidade de Pekin dende o punto de vista dunha bicicleta.
A bicicleta como instrumento para ser aceptado e para sobrevivir en dous mundos iguais pero antagonicos. A bicicleta como un dos simbolos de Pekin: posuír unha bicicleta era un simbolo de poder, de riqueza, de desenvoltura. Agora converteuse nun simbolo da falta de medios. Para os personaxes posuíla supera a necesidade real do obxecto.
Película de rodaxe oficiosa, que non oficial, reflicte a realidade despois de Tiananmen, onde os directores mozos ensinan unha realidade diferente, brutal, pero real. Coa censura o cine independente chinés busca metaforas tan trasparentes como unha bicicleta para representar o poder, a ambición e o egoísmo dunha sociedade atrapada na desigualdade.