Autorización para ocupación de dominio público para realizar actividade de cars a pedais

711

1.—ENTIDADE OUTORGANTE DA AUTORIZACIÓN:

DATOS XERAIS E DATOS PARA A OBTENCIÓN DA INFORMACIÓN:

A) Entidade: Concello de Pontevedra.

B) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio

C) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Patrimonio.

• Enderezo: rúa D. Filiberto, s/n, 3º andar, 36071 Pontevedra.

• Teléfono: 986 868 611.

• Fax: 986 841 386.

• Enderezo de internet: www.pontevedra.eu

• Data límite de obtención de documentación e información: deberá solicitarse cunha antelación mínima de 4 días hábiles antes da finalización do prazo.

2.—OBXECTO DA AUTORIZACIÓN:

Dous espazos de dimensións máximas de 6 m de longo por 2,40 m de ancho, na situación establecida segundo plano obrante no expediente, na Xunqueira (Pontevedra), para a colocación de dúas casetas non fixas, adicadas á prestación da actividade de cars a pedais na forma descrita nos pregos.

3.—TRAMITACIÓN:

Ordinaria.

a) Data límite de presentación: 30 días hábiles a contar desde o seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

b) Modalidade de presentación: deberá achegarse a documentación indicada no artigo 7 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: no Rexistro Xeral do Concello, dende as 8:30 ás 13:30 horas, e se é sábado, das 9:00 ás 13 horas.

• Enderezo: rúa Michelena, núm. 30, 36001 Pontevedra.

Pontevedra,15 de abril de 2015.—A Concelleira de Protección Cidadá, Servizos e Festas, María Carme da Silva Méndez.

Documentación:

Ver prego

Ver condicións técnicas

Requirimento de documentación

Requirimento de aclaración

Requirimento e proposta de autorización

Resolución da Concellería de Turismo, Protección Cidadá, Servizos e Festas