Zafarrancho nas rúas Alexandre Bóveda e Celso Emilio Ferreiro

161

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa esta semana cos zafarranchos de limpeza en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión limparase as rúas Alexandre Bóveda e Celso Emilio Ferreiro, en ambas marxes.

A limpeza realizarase na madrugada do xoves.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores.

A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.