Charla informativa sobre o programa Garantía Xuvenil de emprego para menores de 25

154

A Concellaría de Xuventude organiza o mércores, 6 de maio unha charla informativa sobre o programa Garantía Xuvenil destinado a mozos/as en desemprego qje contempla actuacións para mellorar a empregabilidade, facilitar a inserción no ámbito laboral, promover o emprendemento e mellorar a súa situación dentro do mercado de traballo.

            A charla será a partir das 12.30 horas na Sala Valdecorvos da Casazul.

            Poden solicitar participar do programas de Garantía Xuvenil os mozos que teñan máis de 16 anos e menos de 25, ou menos de 30 anos en no caso de persoas cun grado de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

            Unha vez que o interesado/a se dea de alta no sistema poderá recibir ofertas do catálogo das actuacións.

            Se tes dúbidas no proceso de inscrición e requisitos, pide cita aos servizos específicos  de Orientación Laboral do Sistema de Garantia Xuvenil na Oficina de Emprego onde esteas inscrito como demandante de emprego.

            Na cidade de Pontevedra podes solicitar cita persoal ou telefónica nas Oficina de Emprego da r/Eduardo Pondal 64 ( 986 85 21 00) se resides no concello de Pontevedra ou na Oficina de Emprego da R/ Eduardo Pondal 32 (986 85 21 04) se resides noutro concello da comarca.

            Máis información na https://garantiaxuvenil.xunta.es/gaxuve/gl/