O Concello de Pontevedra celebrou esta mañá a primeira mesa de contratación da nova praza diante do Hospital Provincial. Abriuse o sobre administrativo no que se puido comprobar que todas as empresas cumprían todos os requisitos, polo que procedeu a abrir o segundo sobre que recolle a solución técnica das empresas.
Esta documentación foi trasladada aos servizos técnicos que dende hoxe a estudarán para presentar unha proposta á mesa de contratación, antes de reunirse por segunda vez para valorar o último sobre do concurso no que se inclúe a oferta ecónomica.
Ademais foi admitida unha última empresa que anunciara a súa presentación por fax. Está adxunta neste último listado.
- Naturgalia
- Conservia Rehabilitación y Servicios
- Obras, reformas y saneamientos
- Construcciones Ramírez
- Construcciones EC Casas
- Stradia Infraestructura
- Constructora Ediserpo
- Movimiento de Áridos y Construcciones de Arosa
- Abilleira CPA
- UTE Acebi – Montajes JM Iglesias
- Construcciones obras y viales
- Excavaciones y obras Melchor
- Hordescon S.L.