A Xunta de Goberno aprobou esta mañá unha nova inversión na rede de sumidoiros da cidade na rúa Andrés Muruais. Está dentro do proxecto de investimentos da empresa Viaqua.
É unha intervención do Hotel México cara ao centro da cidade e permitirá substituír os tubos de formigón e gres porque teñen a súa vida esgotada, e tamén a raíz das obras de urbanización do solar do antigo Hotel México.
O investimento é de 84.016 euros.