O forte vento deixa no chan dous paneis da exposición “Do gris ao violeta”

151

As fortes rachas de vento que esta tarde afectaron á cidade de Pontevedra deixaron no chan dous paneis da exposición ‘Do gris ao violeta’, que está instalada na Praza da Ferraría.

Sen embargo, este incidente non afectará á mostra, xa que esta mesma noite a empresa encargada da montaxe retirará estes paneis para reparalos e mañá martes estará novamente completa para poder ser contemplada por todos os cidadáns.