“O neno da bicicleta”, mañá, na próxima sesión de Cyclocinema

165

A programación de Pontenbici continúa adiante esta semana cunha nova proxección do Cyclocinema, na Casa das Campás ás 20.00 horas. Nesta ocasión será o filme “O neno da bicicleta”.

            “O neno da bicicleta” é unha cinta na que se define o amor coma unha necesidade vital. Unha historia onde a denuncia garda unha estreita relación de dependencia ca bicicleta, esta é algo mais ca un obxeto, todo xira en torno a ela coma unha personaxe omnipresente, é o fío condutor e o mesmo tempo o separador dás fases argumentais.

            Cinta de denuncia social na liña do mellor cine de realismo social europeo dás ultimas décadas non que é importante errar para aprender. Cine combativo, comprometido e reinvindicativo, na senda de Ken Loach, Costa-Gavras, Fernando León de Aranoa,…, nesta cinta falase de personaxes xovenes, marxinais e excluídos.

            A historia é unha pereginaxe cara a unha meta que é o amor, exercicio de realismo con duas caras, a do lado aspero e a do lado tenro, unha historia demoledora pero con marxe para a redención.

            “O neno da bicicleta” -en francés: «Le gamin au vélo»- é unha película escrita e dirixida polos irmáns belgas Jean-Pierre e Luc Dardenne, protagonizada por Cécile de France e Thomas Doret.

  • Data de estrea: 18 de maio de 2011 (Italia)
  • Directores: Jean-Pierre Dardenne, Luc Dardenne
  • Duración: 1 h 27 m
  • Guión: Jean-Pierre Dardenne, Luc Dardenne
  • Premios: Gran Premio do Xurado, Premio do Cine Europeo ao Mellor Guionista Europeo