Revisión do catastro na búsqueda da equidade fiscal entre os contribuíntes

141

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a adxudicación á empresa Laya xestión e servizos os traballos para a actualización do Catastro no Concello de Pontevedra. Trátase dun proxecto de 72.600 euros que actualizará o Catastro na zona urbana, dado que é o único ámbito do concello que falta por actualizar. Segundo explicou o concelleiro de Economía e Facenda e portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo, búscanse altas de novas casas, reformas de vivendas, ampliacións ou cambios substanciais nas edificacións actuais.

Segundo indicou o concelleiro, “o rural está totalmente revisado, así como parte do centro”. De feito, dende 2012 as novas altas foron:

2012: 556 altas

2013: 1.111 altas

2014: 565 altas

2015 (primeiro trimestre): 132 altas.

O Concello confía en poder incrementar o padrón en 300.000 euros en total

Segundo o concelleiro de Economía e Facenda, o propósito destas revisións “é buscar a equidade fiscal para todos os cidadáns”.