Novo vial alternativo á avenida de Bos Aires para achegarse a Monte Porreiro

214

O Concello de Pontevedra elaborou un anteproxecto para a construción dun viario alternativo a avenida de Bos Aires entre Tafisa e Monte Porreiro, que foi enviado á Deputación por se quere colaborar na súa construción.

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera explicou que se trata dunha estrada de dous carrís con beirrarúas, que acurtará á metade a ruta cara Monte Porreiro. É un viario duns 650 metros e que terá un custe de 1,6 millóns de euros (550.000 euros para expropiacións de fincas).