Pontevedra, Premio de honor de Cidades que camiñan

203

Pontevedra recibiu o premio de honor Cidade que Camiña 2015 da Asociación Cidades que camiñan “polo seu excelente labor en favor dos peóns e dos nenos, motivo polo que a cidade xa foi recoñecida tanto nacional como internacionalmente en numerosas ocasións. Entre as medidas postas en marcha destacan a reducción integral da velocidade até un máximo de 30km/h no municipio, a peonalización do seu centro histórico e a creación de rutas escolares seguras”.

O xurado estivo composto por

  • Dirección General de Tráfico:  Milagro del Arroyo González-Pintado, Consejera Técnica.
  • Camara Municipal de Torres Vedras:  Adélia Simões, Geógrafa Municipal.
  • Red de Ciudades que Caminan:  Pablo Barco Ballesteros,Coordinador Técnico.

A entrega dos recoñecementos será durante a celebración do III Congreso Cidades que camiñan que se celebrará en Torres Vedras (Portugal) en outubro de 2015.

Premios do Concello de Pontevedra