Preto de 800 estudiantes de Primaria xogan co galego nos obradoiros Lingua Forza 3

147

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra ofreceu aos centros educativos de primaria, a principios deste curso, a posibilidade de realizar os obradoiros Lingua Forza 3. Xa no mes de novembro do ano pasado e en abril de 2015 participaron nesta actividade preto de 1500 alumnos/as.

         Trátase dunha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística, deseñados especialmente para esta actividade nos tres ciclos de educación primaria.

            Para superar as distintas probas os rapaces e rapazas terán que empregar as súas destrezas de traballo en equipo, resistencia, habilidade e velocidade física, lingüística e mental. Os monitores irán enfiando todas as probas coa posta en escena e narración dramatizadas. O formato e a presentación da actividade é común aos tres ciclos de primaria, aínda que varían as probas, a dificultade e os contidos lingüísticos.

         Obxectivos:

  • Dinamizar o uso da lingua galega na infancia a través do xogo e do traballo en equipo.
  • Promover o xogo en galego: xogos tradicionais e xogos novos.
  • Asociar o uso da lingua galega a outras áreas do currículo, especialmente á educación física.

    Contidos xerais (adaptados a cada ciclo):

  1. Recibimento e quecemento. Contextualización dramatizada da actividade e motivación para fomentar a participación dos nenos e nenas. Explicación en círculo da sesión. Aproximación práctica ao léxico específico relacionado co currículo de educación física.
  2. Feirón con tres probas rotatorias:
    1. Proba de habilidade física, lingüística e mental: xogo e traballo co patrimonio cultural inmaterial do galego oral.
    2. Proba de resistencia física, lingüística e mental: xogo cooperativo no que se traballa co léxico e vocabulario específico da área de educación física.
    3. Proba de velocidade física, lingüística e mental: xogo cooperativo e construción de palabras escritas correctamente en galego.
    4. Proba definitiva. Empregando compoñentes do noso patrimonio oral un xogo reunirá as tres disciplinas: habilidade, velocidade e fortaleza física co uso da lingua como ferramenta fundamental.

    Os obradoiros realizaranse nos seguintes centros de ensino no mes de maio:

  • Mércores 6 de maio, ás 9 e ás 11 horas, no CEIP de Cabanas-Salcedo (102 alumnos/as)
  • Xoves 7 de maio, ás 9.35 e ás 11.45 horas, no CEIP San Martiño-Salcedo (86 alumnos/as)
  • Venres 9 de maio:
    • ás 9 horas, no CEIP de Cabanas-Salcedo (64)
    • ás 11.30 horas, no CEIP San Martiño-Salcedo (45)

  • Luns 11 de maio, ás 9.35 e ás 11.45 horas, no CEIP de Ponte Sampaio (81)
  • Martes 12 de maio, ás 9.30 e 12.10 horas, no CEIP Froebel (105)
  • Mércores 13 de maio:
    • ás 9 horas no CEIP Froebel (64)
    • ás 11.30 horas no CIFP A Xunqueira (57)
  • Xoves 14 de maio, ás 9.35 e ás 11.45 horas, no CEIP Santo André de Xeve (111)