Recepción aos científicos do Congreso sobre Proteínas Vexetais

216

A concelleira de Turismo, Carlota Román, ofreceu unha recepción oficial ao medio centenar de científicos que ofrecerán as conferencias do Congreso Internacional de Proteínas Vexetais que organiza a Asociación Europea para a Investigación sobre a Alimentación a partir das plantas (Eucarpia). O acto celebrouse na Casa da Luz, epicentro da política turística da cidade.

O congreso, que chega a Pontevedra da man da Misión Biolóxica e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), é un evento máis que está a reforzar a programación feiral e congresual da cidade. Durante a recepción, Carlota Román, fixo unha presentación sobre os atractivos turísticos da cidade. A intervención realizouse en Inglés.

O Congreso celébrase ata mañá xoves e constitúe un importante fito na programación da Misión Biolóxica, cuxo director, Antonio de Ron, agradeceu expresamente o apoio da Concellería de Turismo.