A Concellería de Turismo impulsa a promoción da Festa do Caldo de Mourente

176

Poñer en contacto á asociación de veciños O Castro cun grupo de profesionais da gastronomía a través da Internet e as Redes Sociais foi a razón do encontro celebrado hoxe no local social dos Areás (Mourente) co caldo de Mourente como protagonista.
O principal obxectivo é difundir e prestixiar a Festa do Caldo. No acto participaron Fidel Martín (blogueiro: “Instinto Humano”), Roberto Pérez Marijuán (consultor e formador experto en Neuromárketing), Juan José Romero (colaborador de medios especializados e colaborador da Incuvi da Uvigo), Miguel Ángel Novoa (director de Onda Cero e director da Guía de Turismo), Óscar de Toro (experto barista e colaborador de diversas marcas), Rubén Amorín (blogueiro “Se nos va la olla” e “Ni mata ni engorda”), María Posada (directora de Posada Marron Glacé, a empresa ourensana que xa enlatou o caldo de Mourente) e Kike García (responsable da revista La Alacena Roja). Tamén asistiron, por parte da Escola de Hostalería Carlos Oroza, a vicedirectora, Pilar Tallón e a técnica de Turismo, Tina Otero.
Carlota Román subliñou o traballo impagable que fai a asociación de veciños O Castro, encabezada por Santiago Laya, e recalcou a necesidade de promocionar a única festa gastronómica que existe en toda Galicia dedicada a un produto tan senlleiro como é o caldo galego. Nestes días estase a tramitar, destacou Carlota Román, a súa declaración como Festa Turística de Interese Galego.