O sábado iniciaranse os asfaltados parciais das rúas Peregrina, Sagasta e Joaquín Costa

178

O Concello de Pontevedra asfaltará este sábado, 9 de maio, distintas rúas da cidade, un proxecto que se executa aproveitando a primavera para alongar o máis posible a vida útil dos pavimentos.

Serán Sagasta, Xoaquín Costa e Peregrina. Trátase de recuperacións parciais do asfaltado naqueles tramos que se atopen máis deteriorados.

As obras de fresado e asfaltado realízanse nun sábado co fin de prexudicar o menos posible aos cidadáns.

En vindeiros días continuarase co asfaltado parcial das rúas:

  • Conde Bugallal
  • Domingo Fontán
  • Costa
  • Filgueira Valverde
  • Xoán Carlos I
  • Portugal
  • A subida aos Areás

O orzamento desta actuación que realizará a empresa Covsa é de 60.250,86 euros.