A Sociedade Ximnástica visita o Concello no comezo da Liga de División de Honor

163

Desexarlle boa sorte ao equipo da Sociedade Ximnástica de Pontevedra nesta nova temporada da Liga en División de Honor foi o motivo dunha recepción no Concello, na que participaron o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, os directivos do club e tres dos atletas máis representativos: o capitán, Martín Brea (lanzador de disco), Víctor Gallego (disco e peso) e o velocista Darío Costas (recordman galego de décathlon).
O equipo pontevedrés comeza esta nova andaina no “exilio” das pistas viguesas de Balaídos. As obras que están levando a cabo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva impiden competir na casa.
Esta primeira xornada de Liga xuntará á Ximnástica cos equipos dos clubs Maratón de Madrid, Real Sociedad de San Sebastián e o Celta de Vigo.
Agustín Fernández apostou pola permanencia, un ano máis, e destacou que a Ximnástica é o único equipo pontevedrés que compite na máxima categoría do seu deporte. Ao tempo, desexou que pronto rematen as obras no CGTD, toda vez que esta xornada de liga trae máis de 200 deportistas que, deste xeito, non se van aloxar na cidade.