Asfaltados parciais nas rúas Filgueira Valverde e Xoán Carlos I

148

O Concello de Pontevedra asfaltará mañá luns, 11 de maio, parte das rúas Profesor Filgueira Valverde e Xoán Carlos I. Esta pavimentación inclúese dentro dun proxecto máis amplo do que xa se asfaltaron as rúas Sagasta, Xoaquín Costa e Peregrina, e que pretende alongar o máis posible a vida útil dos pavimentos, por iso se realiza aproveitando a primavera.

            As obras que se realizarán en Filgueira Valverde serán fresado e asfaltado polo que será preciso o seu peche durante a mañá, cando está previsto que rematen as obras.

            Pola tarde, tamén se procederá a realizaren os mesmos traballos na rúa Xoán Carlos I, pero neste caso manteranse os dous sentidos de circulación abertos.

            En vindeiros días continuarase co asfaltado parcial das rúas:

  • Conde Bugallal
  • Domingo Fontán
  • Costa
  • Portugal
  • A subida aos Areás

            O orzamento desta actuación que realiza a empresa Covsa é de 60.250,86 euros.