40.000 euros para axudas ás entidades culturais sen ánimo de lucro

125

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá as bases que regulan as liñas de subvención de Cultura para o ano 2015. Son 40.000 euros a repartir entre as entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades entre o 1 de setembro de 2014 e o 31 de agosto de 2015.

Esta liña de subvencións sairá publicada proximamente no Boletín Oficial de Pontevedra, e dende ese momento as entidades poderán solicitar a súa axuda, sempre e cando cumpran esas bases.