Unha nova inspección do IAE aspira a recadar preto de medio millón de euros

143

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación á empresa Noroeste Local S.L. unha nova inspección do Imposto de Actividades Económicas (IAE) por un valor máximo de 72.600 euros, aínda que a empresa cobrará en función do recadado, até un 16% de máximo. As empresas que tributan o IAE son aquelas que teñen unha facturación superior ao millón de euros.

O concelleiro de Economía e Facenda, e portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que o Concello aspira a recadar unha cifra similar que na última inspección cando se recadaron 494.498,53 euros.

Segundo os datos que obra na Concellaría, no Concello tributan o IAE arredor de 300 empresas, e na última revisión inspeccionáronse 30.

Este tipo de inspeccións fanse para eliminar o fraude fiscal porque moitas empresas teñen conceptos sen actualizar (espazo das instalacións, potencia enerxética…). Son inspeccións que buscan a xustiza impositiva e a equidade fiscal entre as diferentes empresas.

Ademais de incrementar a recadación puntual por revisar os últimos catro anos, tamén supón un incremento do padrón con carácter permanente. Na última revisión a matrícula do padrón incrementou en 110.000 euros.

Esta nova inspección vénse a sumar a outras como a revisión do IBI.