A Casazul expón este sábado o resultado de Miradas de Hedra 2015

219

A Casazul celebra este sábado, 16 de maio, unha xornada de portas abertas para amosar a toda a cidadanía o resultado das actividades organizadas por Miradas de Hedra 2015. Miradas de Hedra 2015  é unha iniciativa, promovida pola Casazul, dependente da Concellería de Benestar e dinamizada por Portal 48,  que pretende dar visibilidade ás asociacións que teñen a súa sede na CasAzul, a través da expresión plástica, a creatividade e a mostra da súa potencialidade no ámbito da arte social.

A partir das 12.30 horas abrirase ao público seis accións artísticas, na que ademais se poderá participar activamente nunha “performance” que forma parte da creación dunha das asociacións participantes.

Todos os asistentes serán convidados a un pequeno aperitivo que acompañará a presentación desta exposición permanente que vestirá ás paredes da  Casazul.