Aínda está aberta a inscrición na Campaña de chipeado do programa Yes, we can

208

A Concellaría de Sanidade Animal mantén aberta a inscrición para todas as persoas interesadas en participar na Campaña de chipeado de cans, enmarcada dentro do programa Yes, we can.

Nesta campaña, na que colaboran dúas clínicas veterinarias da cidade e a veterinaria do Refuxio “Os Palleiros”, o chipeado dos cans terá unha tarifa de 25 euros, pero para beneficiarse desta “promoción” será preciso inscribirse previamente chamando ao teléfono do Concello 986 80 43 00 extensión: 7583.

O prazo de inscrición pechará esta semana e a partir de aí comezará o chipeado dos cans inscritos nesta campaña.