Esta fin de semana comezan os obradoiros de Cantos de Taberna

244

A Concellaría de Festas inicia este vernes, 15 de maio, os obradoiros de Cantos de Taberna, que estarán impartidos por María Arribe. Os obradoiros son de balde e requiren inscrición previa no teléfono 986 80 43 00 ext. 7030.

            Os obradoiros impartiranse o venres, 15 de maio, e o sábado, 16 de maio, en cursos de perfeccionamento e iniciación, cun cupo de 10 persoas por grupo.

            O venres, 15 de maio, os horarios serán:

  • Perfeccionamento: 18.00 a 20.00 horas
  • Iniciación: 20.00 a 22.00 horas

O sábado, 16 de maio, os horarios serán:

  • Perfeccionamento: 10.00 a 12.00 horas
  • Iniciación: 12.00 a 14.00 horas