O Concello de Pontevedra bota a andar o programa de voluntariado social municipal

125

O Concello de Pontevedra pon en marcha a Oficina Municipal de Voluntariado a través da Concellaría de Benestar Social Municipal que terá como primeira encomenda a divulgación do programa entre todos os sectores das veciñas e veciños e a apertura dunha convocatoria xeral e ampla onde se podan apuntar todas aquelas persoas que o queiran.

            O voluntariado social está unido á idea de acción solidaria, desinteresada e a preocupación do benestar colectivo da sociedade na que se vive. A participación da cidadanía na vida política, económica, cultural e social é unha aspiración desta cidade. Esta participación social vese consolidada cando as persoas e os grupos nos que se integran desenvolven por si mesmos e dunha forma totalmente libre, altruístas e solidaria, actuación que procuran a mellora da calidade de vida. Para que estas actuacións non sexan actos individuais e espontáneos e pasen a ser colectivo e organizados, o Concello pon en marcha o marco normativo e a posta en marcha do programa.

            No programa municipal de voluntariado está incluída a acción voluntaria en medioambiente, en cultura, en deporte, no social, no sociosanitario, e en todos aqueles eidos que se consideren axeitados para o voluntariado.

Voluntariado ordenanza