Próxima saída de Ponterutas aos petroglifos da Caeira e aos muíños da Seca

272

A Concellaría de Transportes continúa coa esta semana coa súa programación logo da exitosa Feira da Bici da pasada fin de semana. Este domingo haberá unha nova saída de Ponterutas, nesta ocasión aos petroglifos da Caeira e muíños da Seca. Será unha ruta de 17 quilómetros e pensada para persoas de máis de 16 anos.

As persoas interesadas deberán inscribirse previamente no teléfono 986 80 43 00 ext.7584.

A saída será ás 10.00 horas da praza do Concello e chegarase ás 14.00 horas.