Operativos os dous estacionamentos gratuítos en superficie diante do Pavillón Municipal

185

O Concello de Pontevedra continúa coa execución de distintas obras nos barrios da cidade.

Na xornada de onte quedaron abertos os estacionamentos gratuítos en superficie fronte ao pavillón de deportes, logo de que se realizaran traballos de acondicionamento coa achega de xabre para eliminar fochancas e unha explanación.

Trátase de dúas parcelas cedidas por Costas para este tipo de uso pero que só autoriza a facerlles un tratamento brando no seu mantemento, como a achega de xabre, polo que non se pode asfaltar nin instalar canalizacións de augas pluvias.

Estas labores de mantemento fanse na primavera, alonxándose o período de chuvias.

O orzamento desta actuación foi de 40.242 euros.

        

         Obras na rúa Portugal

Na xornada de onte comezaron os traballos de calmado de tráfico e pavimentación da rúa Portugal, no barrio de Monte Porreiro. As obras céntranse no tramo que vai da Uned até a rotonda de subida aos Areás. Neste ámbito vaise a instalar un novo paso de peóns elevado e un reductor de velocidade.

Este asfaltado está incluído dentro dunha carteira máis ampla de pavimentacións na cidade como Conde Bugallal ou Domingo Fontán, que son os que están pendentes logo de realizárense en Peregrina, Sagasta, Joaquín Costa, Filgueira Valverde e Xoán Carlos I.

 

         Muro de contención na senda do Lérez

Para o vindeiro luns, 18 de maio, está previsto que comece a obra para excutar o muro de contención e a mellora da senda o Lérez, entre o final do carril-bici e a praia fluvial.

Trátase dun afundimento do terreo, coñecido dende hai un tempo, pero que se viu agravado nas últimas semanas. Para subsanar esta situación, farase un muro de contención de 60 metros lonxitude e terá unha altura de 1,5 metros de alto. Empregarase granito silvestre moreno (semellante ao do desdobramento da avenida de Vigo) para que no desentoe co entorno.

Aproveitando esta actuación tamén se fará un arranxo e pavimentación deste tramo que é moi transitado. Tamén se instalará unha varanda de madeira de 80 metros de longo para mellorar a seguridade da zona.

O orzamento total é de 50.000 euros.