Aforro dun 15% na factura eléctrica municipal no ano 2014

162

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá prorrogar por un ano máis o contrato de subministro eléctrico á empresa Iberdrola. Trátase de todas aqueles suministros superiores aos 10 kw/h (tarifa TUR). Polo tanto están incluídos todos os edificios municipais e os colexios.

Este contrato resultou moi ventaxoso para as arcas municipais que no ano 2014 tiñan orzamentado 2 millóns de euros para o gasto eléctrico e o custe foi de pouco máis de 1,6 millóns de euros, é dicir un 15% menos do inicialmente orzamentado, segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo.