Comeza a campaña de chipeado do Yes, we can con 59 solicitudes

204

A Concellaría de Sanidade Animal iniciou este días o chipeado de todos aqueles cans anotados no plan de Chipeado do programa Yes, we can. Nesta campaña colaboran dúas clínicas veterinarias da cidade, así como a veterinaria do refuxio “Os Palleiros”.

            Neste período anotáronse 59 cans, a maior parte do ámbito urbano que xa están acudindo ás clínicas veterinarias concertadas con este programa.

            Ao respecto dos cans anotados no rural, probablemente se faga unha xornada de chipeado en Santa María de Xeve, e outra no propio Concello, como en pasadas edicións. De todos os xeitos, as datas e os lugares definitivos aínda está por concretar.