Última saída de Ponterutas pola senda do Gafos cara Vilaboa

237

A Concellaría de Transportes continúa coa esta semana coa súa exitosa programación de Pontenbici. Este domingo haberá a última das saídas de Ponterutas. Será pola rúta do Gafos até Vilaboa, unha saída que quedou aprazada o pasado mes de abril por mor do mal tempo.

            É unha ruta de 22 quilómetros e pensada para persoas de máis de 16 anos. A saída será ás 10.00 horas da praza do Concello e chegarase ás 14.00 horas.

            As persoas interesadas deberán inscribirse previamente no teléfono 986 80 43 00 ext.7584.