“Imagine Elephants”, unha experiencia sobre o xogo e a infancia

388

Dende fai máis dun ano e medio a Asociación Samthing Visual, adicada á creación e divulgación de proxectos audiovisuais, traballa xunto á Fundación Crecer Jugando na publicación dun “webdoc” que afonda na importancia do xogo esponáneo de nenos e adultos.

Trátase dunha investigación na que participaron máis de trinta profesionais dos ámbitos da pedagoxía, educación, psicoloxía, etoloxía, neuroloxía… partindo de diferentes cuestións: o xogo na actualidade, os tempos, os espacios e os materiais de xogo, o papel do adulto e o xogo na escola.

En Galicia estrénase o día 31 de maio no Auditorio Afundación de Pontevedra ás 19:00h, coa presenza do francés André Stern que abrirá o acto coa conferencia: “O entusiasmo como motor de aprendizaxe”.

Durante ese mesmo día e ao día seguinte, grazas á colaboración do Concello de Pontevedra, a compañía catalana “Guixot de 8” desplegará corenta xogos nas rúas da cidade para interactuar cos viandantes, independentemente da súa idade.

Catro días antes presentarase en Madrid ante o Comité de Cultura e Educación do Congreso dos Diputados, co fin de subliñar o Artigo 31 da Convención sobre os Dereitos dos Nenos, o dereito ao xogo.

Formato webdoc

Un “webdoc” é un documental no que o espectador pode interactuar con tódolos contidos do proxecto (fotos, textos, vídeos…), escoller qué temas lle interesan máis, canto quere involucrarse, canto quere ver e o máis importante, cando o quere ver.

Na web de Imagine Elephants poderase visionar a reportaxe e as entrevistas completas, coñecer a biografía dos entrevistados, navegar polos distintos bloques temáticos do proxecto, acceder ao glosario para completar información relevante, descarga-las entrevistas transcritas e atopar os contidos en diferentes linguas.

Curso na UVIGO

Do mesmo xeito, en septembro a cidade do Lérez albergará o curso de extensión universitaria “Propostas pedagóxicas innovadoras. Ensinar e aprender hoxe”, a través da Universidade de Vigo. A formación, dirixida por Jorge Soto, contará coa participación de Elena Cruces e Julián Maguna de Imagine Elephants e as ponencias de varios dos entrevistados no “webdoc”, como Miguel Castro (Bilbao), Marco Zagal (Barcelona), Pablo López e Miguel Flores (Salamanca).

E despois, ¿que?

Unha vez rematada esta primeira fase do proxecto, o equipo continuará a súa investigación cara unha visión máis vivencial e real do xogo.

A partir de septembro, coa base teórica de Imagine Elephants xa na rede, o obxectivo principal é conseguir a financiación suficiente a través de entidades públicas e/ou privadas, colaboracións, donacións, etc. para realizar o primeiro documental que retrate o xogo de nenos/as en diferentes culturas, para observar cómo é a vida (e o xogo), dependendo do entorno no que se desenvolven os personaxes da futura película.